" NADAL DE FANTASÍA "
Actuacións dos nenos e nenas da aula de 3 anos:
O primeiro que fixemos foi poñernos moi guapos coa nosa coroa e o noso cestiño (que decoramos os días anteriores coa axuda das profes), cando xa estabamos listos marchamos na busca das castañas que as nais e os pais tiñan moi ben asadas e quentiñas para nós, despois sentámonos todos xuntos a comelas (estaban boísimas!) e por último...Festa rachada! Música, baile e xogos ata quedar esgotados.
Chegou o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío: son os tempos de Samaín. E co Samaín chega o tempo dos difuntos, das caveiras de cabaza, de demos, bruxas e curuxas..., é o tempo de PASAR MEDO!!!!