lunes, 24 de diciembre de 2012


 BO NADAL  

 E 
 FELIZ 2013 !! 


domingo, 23 de diciembre de 2012



Dende o principio de curso, na aula de 4 anos, estamos levando a cabo o proxecto: "O protagonista son eu"
Estas son  algunhas das familias que nos puideron visitar. 
Queremos darlle as grazas por adicarnos algún do seu tempo en ensinarnos cousas novas.

Moitas grazas e estades de novo convidados!!



sábado, 8 de diciembre de 2012

PREPARÁMONOS PARA O NADAL





martes, 4 de diciembre de 2012

VISITAMOS ÓS BOMBEIROS

¡QUÉ BEN O PASAMOS NO PARQUE DE BOMBEIROS  E CANTAS COUSAS APRENDEMOS!

ENSINÁRONNOS AS DEPENDENCIAS ONDE DURMEN E COMEN CANDO FAN GUARDIA, ONDE ENTRENAN PARA ESTAR EN FORMA E ONDE RECIBEN AS CHAMADAS DE EMERXENCIA DA XENTE QUE OS PRECISA.

TAMÉN NOS ENSINARON OS CAMIÓNS; QUEDAMOS ABRAIADOS CANDO ABRIAN UNHAS PEQUENAS PERSIANAS  E  ALÍ APARECÍAN TODO TIPO DE UTENSILIOS: PICOS, PAS, MAGUEIRAS, CAMILLAS...

FIXEMOS COUSAS DE BOMBEIROS: PROBAMOS OS CASCOS E AS MASCARILLAS, SUBIMOS POR UNHAS CORDAS ATA O TEITO E BOTAMOS GRANDES CHORROS DE AUGA CUNHA MANGUEIRA.

PERO O QUE MÁIS GRACIA NOS FIXO FOI VER AS PROFES E AS MAMÁS SUBIR ATA O CEO  NA CESTA DA GRÚA.
MOITOS DE NÓS XA DECIDIMOS O NOSO FUTURO: 

¡SEREMOS BOMBEIROS!



martes, 27 de noviembre de 2012

DÍA DA MILAGROSA


Hoxe, 27 de novembro, celebramos a festividade da  "Milagrosa".
Levámoslle a Virxe da capela un debuxo da nosa familia feito por cada un de nós para que a coide e a protexa. Cantámoslle unha canción,  recitamos unha pequena poesía e recibimos una medalliña da Virxe do noso cole. 










martes, 13 de noviembre de 2012

A FESTA DO MAGOSTO



Un ano máis celebramos a festa do Magosto! Fomos buscar as castañas moi elegantes coas nosas coroas e cos nosos cestiños (Grazas papás e mamás por facelos tan orixinais). Grazas tamén aos papás e mamás que nos asaron as castañas no seu punto!



 

lunes, 5 de noviembre de 2012

HALLOWEEN 2012




sábado, 13 de octubre de 2012

Día do correo

O martes 9 de outubro recibimos unha visita moi esperada: A señora carteira.
 Veu buscar as cartas que con tanta ilusión estivemos preparando estes días na clase coa nosa profe.
Chegaron a casa? Verdade que son chulas????








Esperamos que vos gustasen moito!!!!

martes, 9 de octubre de 2012


Celebramos o Día de San Vicente de Paúl!!!


       Este ano foi moi divertido e diferente 
       pois viñeron uns "monicreques"
       a contarnos a vida de San Vicente.











 

lunes, 17 de septiembre de 2012



Xa estamos aquí de novo un pouco máis maiores e estreando novo curso.

Neno/as 4 anos


  
Nenos/as 5 anos 

Xa coñecemos as nosas novas mascotas:

Pascuala e Pepa, que van a estar con nós ensinándonos cousas novas.



  
Tamén queremos darlle a benvida aos novos nenos/as da clase de 3 anos da man de Papelote.







viernes, 6 de julio de 2012

FELICES VACACIÓNS

VÉMONOS AO COMEZO DO CURSO QUE SERÁ O 12 DE SETEMBRO
E LEMBRADE QUE O DÍA 3  TENDES QUE TRAER O MATERIAL!
UN SAÚDO
AS PROFES

martes, 26 de junio de 2012

SEMANA CULTURAL


Tivemos unha semana chea de actividades para despedir o curso!

Comezamos coa excursión á Granxa "El Kirico", na que aprendemos un montón de cousas dos animais que alí atopamos.


O Martes tivemos un obradoiro de plástica na que realizamos un farolillo moi especial, co cal coa luz dos sol podiamos ver plasmados diferentes cores.



Ademais a "teacher" maquillounos dos nosos personaxes favoritos;














O Mércores despedimos aos nosos/as compañeiros/as de 5 anos que xa van para a primaria.
Estaban todos guapísimos!


O xoves presenciamos  unha obra de teatro: Unha rosa











E para rematar celebramos os aniversarios dos nenos/as que cumpren no verán cunha gran merendola e participamos na festa organizada polo A.N.P.A, nos inchables e na festa da espuma.





FELICES VACACIÓNS PARA TODOS
E VÉMONOS EN SETEMBRO!!


 
Copyright 2009 Educación Infantil. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree