miércoles, 22 de febrero de 2012

ENTROIDO 2011

Un ano mais estamos aquí os de INFANTIL lucindo as nosas mellores galas neste ENTROIDO 2012.
Este curso o tema escollido foi as FROITAS e VERDURAS.
 E aquí temos encabezando o desfile a froita máis fresquiña, os cativos de 3 ANOS disfrazados de PIÑAS.



A continuación xugosas UVIÑAS de 4 ANOS.




E logo ESPIGUIÑAS douradas polo sol, os de 5 ANOS.



Despois do desfile voltamos ao cole onde deron boa conta dos doces típicos aportados polas familias.





Gracias a todos/as os pais/nais pola vosa colaboración na confección dos traxes.

martes, 7 de febrero de 2012

DIA DA PAZ

      O Luns, 30 de Xaneiro, todos/as os/as nenos/as do cole celebramos o DIA DA PAZ. Os rapaces/zas de E.I traballamos moito os días anteriores na aula: fixemos pombas da paz para decorar as aulas e os porches, memorizamos a canción de Rosario Flores "No dudaría", falamos  sobre como debería ser o noso mundo..., pero o que máis nos gustou foi festexar  no patio cos/coas compañeiros/as de Primaria e da E.S.O este día tan importante.
    As profes puxéronnos moi guapos/as cun traxe branco e cada curso de Infantil representou unha letra da palabra  PAZ  con globos.
Rematamos cantando todos os nenos/as e os/as profes do cole a canción que tiñamos tan ben preparada.
   Aprendemos moito e pasámolo pipa!!



 
Copyright 2009 Educación Infantil. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree