O Luns, 30 de Xaneiro, todos/as os/as nenos/as do cole celebramos o DIA DA PAZ. Os rapaces/zas de E.I traballamos moito os días anteriores na aula: fixemos pombas da paz para decorar as aulas e os porches, memorizamos a canción de Rosario Flores "No dudaría", falamos sobre como debería ser o noso mundo..., pero o que máis nos gustou foi festexar no patio cos/coas compañeiros/as de Primaria e da E.S.O este día tan importante.
As profes puxéronnos moi guapos/as cun traxe branco e cada curso de Infantil representou unha letra da palabra PAZ con globos.
Rematamos cantando todos os nenos/as e os/as profes do cole a canción que tiñamos tan ben preparada.
Aprendemos moito e pasámolo pipa!!


0 comentarios:
Publicar un comentario