viernes, 31 de mayo de 2013



Hoxe pechamos un mes que o  adicamos á  Virxe María.

Durante todo este tempo a visitamos na capela. Pero hoxe, de forma especial,  enchemos todo o xardín do noso cole de flores para ela, adicámoslle unha oración e unha canción.







jueves, 30 de mayo de 2013

15 MAIO - DIA DA FAMILIA


Este ano, celebramos por primeira vez o "DIA DA FAMILIA" no noso cole.

Foi moi divertido e sobre todo "apetitoso". Estivemos case toda a mañá cociñando cuns axudantes excepcionais, para finalizar o día degustando todas as nosas elaboracións coas familias.

Puxémonos gorros de cociñeiros  e cantamos unha canción que a todos/as lles encantou.

¡Feliz Día da Familia!



 
Copyright 2009 Educación Infantil. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree