Este trimestre fixemos a saída cultural ao museo Massó que está no noso pobo, e a pesar de pasar habitualmente pola súa porta, moitos de nós non entraramos nunca.Descubrimos que dentro había moitas cousas interesantes: barcos de tódolos tamaños (ata algúns dentro de botellas de cristal!!) bolas do mundo, cordas, arpóns,..e moitísimos aparellos que empregan os mariñeiros. Tamén aprendemos que alí antigamente había unha fábrica de conservas de peixe e puidemos ver moitas das cousas coas que alí traballaban. Ademáis fixemos xogos para descubrir os nosos sentidos.
Foi moi divertido!!!


