O pasado venres os nenos/as de Infantil visitamos á Lonxa de Bueu. Alí estábanos a esperar Xosé, o patrón maior da Confraría de Pescadores.
Xosé explicounos que era o que se facía na lonxa e todos aqueles peixes, mariscos, cefalópodos... que alí se comercian, amosounos as intalacións e as máquinas que empregan e levounos ao viveiro de centolas que alí teñen. Encantounos a experiencia de poder ver de preto a este tipo de crustáceos, aínda que a algúns dábanos un pouco de medo.
Ao final agasalláronnos cuns fantásticos libros de adhesivos.
Queremos darlle as GRAZAS ao patrón maior e a todos aqueles membros da Confraría que nos atenderon.
domingo, 27 de noviembre de 2011
viernes, 18 de noviembre de 2011
domingo, 13 de noviembre de 2011
A FESTA DO MAGOSTO
O primeiro que fixemos foi poñernos moi guapos coa nosa coroa e o noso cestiño (que decoramos os días anteriores coa axuda das profes), cando xa estabamos listos marchamos na busca das castañas que as nais e os pais tiñan moi ben asadas e quentiñas para nós, despois sentámonos todos xuntos a comelas (estaban boísimas!) e por último...Festa rachada! Música, baile e xogos ata quedar esgotados.miércoles, 2 de noviembre de 2011
O SAMAÍN

Chegou o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío: son os tempos de Samaín. E co Samaín chega o tempo dos difuntos, das caveiras de cabaza, de demos, bruxas e curuxas..., é o tempo de PASAR MEDO!!!!O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween?
A NOSA FESTA DO SAMAÍN




